Pois a partires desta mesma fin de semana, SOMOS QUEN amplía o seu horario nunha hora de duración, pasando a ocupar a franxa de 9 da mañá a 13 h. nas fins de semana e ademáis contará con algunhas novidades. As que atañen a `Cada Día, Peor´ son, principalmente, que o concurso de Carlos Tresandí `SE NON PERDES, MELLOR´duplícase e pasa a formar parte, tamén, do programa do sábado. A partir deste sábado os oíntes terán unha oportunidade dobre de participar xa que repartiremos as pistas entre os dous días, para rematar co enfrontamento final do domingo. Aínda estamos ultimando os detalles da mecánica definitiva pero faranse públicos este mesmo sábado na Radio Galega. E ademáis, os domingos continuan alternando a súa participación Iván Rodríguez e Antón Veiga na sección de internet `A Pequena Viboriña´. Se este verán queres pasar de bo roio as mañás das fins de semana, xa sabedes: SOMOS QUEN na Radio Galega! De 9 h. a 13 h.!!!


Publicado en 








